sábado, 1 de setembro de 2007

A grande acollida

Nunca tivera unha acollida tan linda ata chegar á parroquia máis pequena e remota de Castrelo de Miño. Alí vivían cinco meniñ@s, dous marcharan á piscicna, só quedaran tres.
Non quedou conto por ler, e os "nenos" maiores escoitaron desde a porta do bar a historia de cómo Alfonsiña entristeceu ao ver a súa vila asolagada baixo dun río, e os peixiños convertidos en cables e bobinas. Mais aínda quedan persoas de corazón verde que poden soprar forte e facer desaparecer a auga.
E así redescubrir as casiñas molladas, as potas do café aínda flotando na cociña e unha troita a durmir metidiña baixo dunha manta.

Nenhum comentário: