domingo, 8 de julho de 2007

O INICIO

Estos diarios nacen despois de ollar “Generación Robada” a película australiana onde tres nenas aborixenes percorren todo o continente na percura das suas familias e mais “Diarios e Motocicleta”, a magnífica película de Walter Salles, unha viaxe intensa por Latinoamérica por parte do Alberto Granado e o Ché Guevara, na que cruzar o rio é a metáfora do compromiso, da loita. Pois estas son as viaxes dunha ciclobiblioteca que cruzando os rios do país galego tenta levar o compromiso e a loita a través dos libros.

Escribo nun ordeador fronte ao cartaz de outra viaxe “Kandahar”, a película iraniana na que realmente o que se buscan son razóns para vivir diante do horror. Tal vez as viaxes da ciclobiblitoeca sexan tamén na percura de razóns para vivir:

1.989- Da idea: Cando naceu o grupo ecoloxista Xevale, no ano 89, as persoas que o creamos, vinculadas a ecoloxia dalgún xeito tamén a través dos libros, das revistas, guias de campo, enciclopedias nas que dimos os nosos primeiros pasos desa intensa viaxe o mundo do contorno natural, e cara ao compromiso de cómo cuidar a natureza, pensamos que debíamos compartir aqueles todos recursos asi que naceu o Fondo Bibliográfico de Xevale-Ecoloxía, no que poñíamos a dispor de todas as persoas que quixeran un feixe de referencias bibliográficas que ian dende as clásicas guias de campo de Everest ate os cadernos de Felix Rodríguez de la Fuente, as enciclopedias de Cousteau e as da Nacional Geographic pasando, como non, polas revistas míticas de Integral, Quercus –coa sua Gaceta de las Madrigueras-, Natura ate clasicos da literatura universal coma o realismo maxico do Barón Rampante de Italo Calvino e o Home que Plantaba Árbores.

Raul Almenara cedeu as suas colecciónsde Natura perfectamente encadernadas, Manolo Diaz as suas guias de bicicletas, Elias Varela os seus libros de poesía, eu as revistas de Integral. Poucos foron os primeiros préstamos, pero ao longo dos anos foron medrando as diferentes iniciativas que van dar lugar a Ciclobiblioteca.