domingo, 21 de outubro de 2007

As invasións bárbaras

O sábado 20 de outubro tiven o placer de ser invitada a contar contos para @s nen@s de Tui.
Era un día de sol, en pleno outono. Esperábanme Rafael e Melchor, o meu amigo técnico de son e apoio moral na xornada. Coincidimos co Congreso de Familias Numerosas, unha chea de nenos e nenas xogaban no vestíbulo mentres os maiores asistían ás charlas. Pensei "é unha sorte ter este grupo de rapaces aqui, ímolo pasar moi ben".
Comezamos coa lectura solidaria, na que lemos libros que compartimos e coidamos entre tod@s. En poucos minutos os libros estaban tirados polo chan facendo pilas de papel enrugado, quen collera algún para ler non tiña un, senón cinco e o resto pelexaban por sacarllos das mans.
Na sesión de contos houbo berros e insultos para a nena-marioneta india defensora do comercio xusto e Alfonsiña e o Druida voltaron a casa descabezados e co cabelo arrincado.
Hai días mellores ca outros, pregúntome que os fai tan diferentes.

quarta-feira, 10 de outubro de 2007

Apoio a SOS Courel na praia de Samil

segunda-feira, 1 de outubro de 2007

Mondariz


Alfonsiña vivía na beira do río Tea en Mondariz, e sentábase enriba dun cogomelo esperando escoitar chorar á nena das bágoas salgadas, para ir e acariñala, darlle bicos e falarlle do mundo que lle espera, do Carballo da Armada, dos castros agochados e das aldeíñas diminutas que descubrirá coa súa tía.