Que é?

  • As ciclobibliotecas é um projeto ideado pola Associação cultural “papaventos” que promove o uso de um meio de transporte não poluinte como é a bicicleta, e o fomento duns hábitos letores.
  • Estám guiadas por monitores professionais do ensino como músicos, animadores, contadores de histórias,....que realizam diferentes actividades: canções, obradoiros de reciclagem, contos...etc .

    •  O projeto é solidário com o meio ambiente e com paises de Asia, África e América latina aos que doa bicicletas em base a demanda das comunidades locais e em colaboração com elas adquirindo as bicicletas nos mesmos lugares de desenvolvemento dos projetos com o fim de desenvolver o tecido comercial local.

    Esta é a historia de tres bicicletas aventureiras, do estado libre de Christiania. Tamén soñaban con ser libres, percorrer camiños e atravesar fronteiras en busca de persoas que as levasen.
    Por sorte ou destino, deron cun Carballo con Botas; cando as coñeceu reviráronselle as follas de alegría. O plan era evidente, viaxar xuntos e chegar a cantas persoas puidesen levando contos solidarios.
    Foi amor a primeira vista, o Carballo inquedo quixo compartir tal descubrimento no pequeno mundo da fraga. De seguida unha muller con nome de flor ofreceuse a facerlle cóxegas ás bicicletas con pinceis de cores, o músico do bosque quixo subir nunha e moitos animais, en especial un, quedaron mudos co acontecemento e pediron participar na aventura.
    As biclicletas decidiron chamarse Ciclobibliotecas, estaban cheas de libros chegados de aquí e de alá. E todos os membros do bestiario da fraga fixeron bolsas e maletas para partir nesta viaxe. O Lobiño Garabelos, a Xacia Luviñas e Fondiña tirábanlle do mango ao Paraugas dame Augas. "Apura que xa queda pouco para marchar!".
    De alí a poucos días tiveron todo preparado, agora andan a pintar camiños nun mapa, buscando persoas que queiran escoitar.
    Se ves algunha ciclobiblioteca achégate a ela, chíscalle un ollo e pidelle que por favor te conte un conto. Seguro que ten algún para ti.