
Grazas aos amig@s do Courel que deron a benvida á Ciclobiblioteca viaxeira; a Carina e as súas meniñas feministas, ao bibliotecario comprometido da Escola do Barco de Valedeorras, ás Rosalías, aos nenos e á nena que "de maior quere ser mulher".
Catro ciclocarros cargados con libros sobre medio ambiente percorren prazas e praias, coas animacións educativas dos "Atrapadores de contos", que contan historias sobre o coidado da natureza e o compromiso solidario. Cos beneficios da iniciativa fináncianse a entrega de bicicletas, bici-bibliotecas, mulotecas e bibliotecas en 23 paises de América, Asía e África a través da ongd Bicis pola Paz www.contosolidarios.org Tfno. 648075831
Nenhum comentário:
Postar um comentário