Custoume un chisco chegar, ata saquei a brúxula pero ao fin cheguei. Esperábanme unha chea de meniñ@s en Meaño, preparadas para escoitar as historias da árbore supervivinte da Bibliocleta, coñecer á Alfonsiña e ler canto libro había.
Apredemos a facer xoguetes de refugallo, foi moi lindo ver ás Mamás lendo contos aos pequech@s, e os axudantes ciclobliotecarios quedaron convencidos de que "mola máis a bici que a moto". Gustaríame ver Meaño cheo de rapaces en bicicleta, desde O concello ata Dena.
Nenhum comentário:
Postar um comentário