segunda-feira, 14 de setembro de 2009

Novo curso Ciclobibliotecario

Despois de 450 instalacións en parques, prazas, praias, espazos naturais..., de Galicia, O Bierzo e Portugal, dende As Medulas ata as Illas Atlánticas, do Caurel a Illa de Arousa, coa participación de 30.000 nenas e nenos, e, sobre todo coa doazón, grazas ós beneficios das instalacións, de bibliotecas en Perú e Mozambique, mulotecas (libros en mula) na selva de Guatemala, e bicibibliotecas en Bolivia, encetamos un novo percurso das Ciclobibliotecas por Galicia, Portugal, O Bierzo e onde nos queiran chamar. Convidámoste a que acerques a Ciclobiblioteca a tua escola, concello, barrio, parque, praza, lembrándote que cos cartos recibidos, a través dun pequeno alugueiro, imos financiar novos proxectos de bicisolidariedade con máis bibliotecas, mulotecas, bicibibliotecas... solidarias en 23 paises de Amércia, Asía e África. Non dubides en chamarnos ao noso novo teléfono 648075831, ou escribirnos a carballoconbotas@hotmail.com , un "Atrapador de contos" agárdate para ciclobibliotequear con pedaladas solidarias cara o teu mundo.