Catro ciclocarros cargados con libros sobre medio ambiente percorren prazas e praias, coas animacións educativas dos "Atrapadores de contos", que contan historias sobre o coidado da natureza e o compromiso solidario. Cos beneficios da iniciativa fináncianse a entrega de bicicletas, bici-bibliotecas, mulotecas e bibliotecas en 23 paises de América, Asía e África a través da ongd Bicis pola Paz www.contosolidarios.org Tfno. 648075831
sábado, 1 de setembro de 2007
Ao son das ondas en Cíes
Por primeira vez a ciclobiblioteca deixou terra e subiu nun barco. O persoal do parque deunos unha benvida estupenda; as guías contáronos os segredos das illas, coñecimos á Gaivota Antón e o cormorán Martiño, mascotas do parque das Illas Atlánticas, que xa forman parte do repertorio de contos viaxeiros.
Con elas e grazas á información de Xurxo, viaxamos a Ons, illa dos animais pequenos... os máis grandes que viven alí son os coellos. Tamén voamos a Sálvora, a illa misteriosa onde se agochan cervos e cabalos desnortados. E rematamos a viaxe en Cortegada, que é a illa encantada; o bosque de loureiros ten o poder máxico de borrar a memoria dos que entran. É por iso que quen a pisaron nos últimos anos esqueceron que a illa pertence aos veciñ@s de Carril, e anda en mans de "esquecidos".
Mil grazas a Jorge e Bea do parque, a Lara, Alex e Iñaki, compañeir@s de viaxe e ós amigos forzudos da naviera que levaron á bici polo aire e polo vento.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário