sábado, 1 de setembro de 2007

A piscina de Ribadumia

Baixo dunha calor abafante chegou a ciclobiblioteca á piscina de Ribadumia. O público de tódalas idades disfrutou lendo, a bibliocleta baileirábase de libros a ritmo vertixinoso; preguntaron por poesía galega, historia de Galicia e contos para quen non sabe ler.
@s pequeniñ@s aplaudiron á Alfonsiña, cando axudou ao Druida a limpar de lixo o río Umia; e fixemos maxia metendo un zapato na Bibliocleta, unha belota, un chisquiño de auga.... e saiu un precioso Carballo Embotado!

Nenhum comentário: