terça-feira, 25 de setembro de 2007

O colexio de Perlio

Bibliocleta subiu vales e montañas cara o Norte, á terra de Fene. Non imaxinaba que tanto público a esperaba; 196 nen@s en concreto. Púxose moi contenta, fixo sonar o timbre e comezaron os contos.
O Druida Bicudo, despistado despois de ter durmido unha longa noite de cen anos aprendeu cos nen@s sabi@s do colexio de Perlío que os avións non eran paxaros, que os coches non son animais aos que hai que coidar, e que aquela perola xigante para facer bebedizos non era tal, senón unha central térmica. Explicáronlle que todo aquelo contamina, que non o queren na súa escola e... que cos seus corazóns verdes teñen o poder de mudar o mundo e convertelo nunha terra que respire mellor, con máis árbores e máis bicicletas

Nenhum comentário: