segunda-feira, 20 de agosto de 2007

Tarde de contos en "Contobade"

Divertinme moito onte en Cotobade, foi unha marabilla ver os libros de man en man e tódala xente, maiores e pequenos a ler, a mirar e meniñas ao meu redor pedíndome que lera 4 libros á vez. A praza onde estivemos estaba empedrada, as casas con vides na porta, e Raúl o fillo de Luisa emocionado coa "Bibliocleta", dando voltas cos pequerrech@s dentro.
Levei un pucho de cores e o nariz de paiasa que me chegou ás mans o día que coñecín ao Carballo con Botas en Chandebrito. E Carina, amiga e seguidora da ciclobilioteca deume a sorpresa de aparecer dende a Paradanta coas súas nenas. Coñecín a Luisa e Andrés, expertos en pedalear polas estradas de Holanda. É impresionante a capacidade que ten este artefacto de tres rodas para atopar persoas estupendas, que axudan a darlle sentido a este proxecto.

Nenhum comentário: